Axentes da Garda Civil detiveron a un home de 57 anos por encerrar e violar á súa parella no seu domicilio da localidade de Llíria (Valencia). Apresouna durante 12 días nos que a someteu a un control constante para impedir a súa fuxida.
O detido encerrouna baixo chave e sen acceso a internet nin a dispositivos móbiles. Alí, agredíaa sexualmente e gravaba todo sen o seu consentimento.
A denominada Operación Amarres comeza logo de que se puxese unha denuncia dun home que dicía que a súa exparella manifestoulle por mensaxería que estaba retida en contra da súa vontade na casa da súa parella.
Mentres comparecía a exparella, a muller puido volver contactar con el dicíndolle que lograra escapar. Logo, ela mesma compareceu ante a Garda Civil de Llíria .
A muller explicou que