Opresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este luns que Galicia axudará todo o posible a Castela e León na loita contra os incendios, despois da petición de apoio feita pola comunidade veciña.

Afirmou que, aínda que Galicia tamén atravesa unha situación complicada, a solidariedade entre territorios debe manterse sempre que sexa posible.

“Todo o que poidamos axudar farémolo, igual que Galicia noutros momentos recibiu apoio doutras comunidades”, afirmou.

Acusacións de intencionalidade

O presidente da Xunta indicou que nos grandes incendios rexistrados en Galicia “a intencionalidade está clarísima”, con varios focos simultáneos e algúns situados en pistas onde “claramente alguén pasou incendiando”.

Subliñou que, se se demostra a culpabilidade dos presuntos incendiarios, deben aplicar

See Full Page