Están en marcha xa os traballos de recuperación das capelas que arderon este venres na Mesquita de Córdoba, un templo con máis de mil anos de historia e Patrimonio da Humanidade da Unesco. Chama a atención a rapidez coa que se extinguiu o lume, nunhas tres horas, e o rápido tamén que se inician as obras de restauración.
A Mesquita de Córdoba ten máis de mil anos pero conta cun sistema contra os incendios de última xeración. Nos máis 20.000 metros cadrados de construción, hai detectores de fume, de lume, de calor, 75 extintores, cables que miden o aire... Tecnoloxía, pendente, as 24 horas do día. Dentro do templo hai tomas de auga, na cuberta tamén, unhas vinte bocas de emerxencia. Na rúa, tamén para os bombeiros é sinxelo coller auga en caso de lume. O incendio do venres foi apagado en tr