A pesar dos prognósticos de mellora das condicións meteorolóxicas, segue sendo preocupante a situación polos incendios en Castela e León e Estremadura. Xa hai miles de persoas confinadas e evacuadas nas provincias de Zamora, Palencia e Cáceres.
En Castela e León xa foron desaloxadas 5.300 persoas de 76 localidades. Alí, preocupa a negativa dos cidadáns para deixar as súas poboacións por medo a que cheguen as chamas e o operativo non as defenda.
Ademais, unha ducia de localidades do Lago de Seabra, Zamora, prepáranse para unha posible evacuación polo incendio de Porto. Tamén foi confinada a localidade de Guardo, Palencia.
Os incendios dos últimos días causaron xa catro falecidos, o último foi un bombeiro forestal que morreu a noite deste domingo ao envorcar a autobomba que conducía en Es