Ao dianteiro neerlandés Zakaria Eddahchouri non lle preocupa que a dirección deportiva do RC Deportiva siga buscando un nove para completar o persoal, xa que el confía nas súas condicións para ser a primeira opción para o técnico Antonio Hidalgo.

“Cando asinei dixen que son un xogador que pode facer boas cousas para o club. Creo nas miñas condicións e no que podo facer, quen veña non será un problema. Se vén un xogador para mellorar ao equipo, benvido sexa”, manifestou en rolda de prensa.

O exfutbolista do Telstar Velsen, unha das sensacións da pretemporada do conxunto branquiazul , brillou na estrea ligueira con gol e asistencia ante o Granada nos Cármenes.

“As sensacións neste inicio de tempada son boas, non só para min, tamén cos meus compañeiros. Empezamos a liga sumando tres pun

See Full Page