A receita perfecta dunha festa en Galicia poderíase resumir nunha fórmula : misa+ sesión vermú, +verbena + reunión coa familia en amigos. Pero na parroquia de Castelo , en Culleredo (A Coruña), decidiron hai dez anos darlle unha pequena volta a esta mistura.
Todo comezou por unha reunión de veciños, cunha gala de monólogos para financiar as festas do San Ramón . Hoxe en día, isto é un auténtico referente cultural e festivo de Galicia. Dez anos cumpre o Castelo Conta . un festival cuxa nova edición comezará este venres, día 22. Concertos, contacontos, comida, foliada e moito máis, co Monte Xalo como pano de fondo.
aigiboga
Xosé Antonio Touriñán, na presentación do Castelo Conta 2025
Impulsado polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, o festival desprega este ano