Activan o nivel dous de emerxencia por un incendio que comezou este martes na Pobra do Brollón.

O incendio comezou no lugar de Abrence e avanza cara Quiroga.

Nestes momentos pon en perigo os lugares de de Golmar, tamén na Pobra, e as aldeas de Conceado e San Pedro, en Quiroga.

As lapas obrigaron a interromper a liña de tren entre Monforte e Ponferrada.

Na provincia de Ourense quedan dous incendios activos tras dar por estabilizado este mediodía o de Chandrexa de Queixa-Vilariño. O que comezou este domingo en Avión leva queimadas 90 hectáreas. O de Carballeda de Valdeorras-Casaio, 4.700.

Os veciños de Casaio levan demasiados días convivindo co fume. O incendio que entrou desde León leva consumidas 4.700 hectáreas da serra que os rodea. E seguen temendo que o lume lles chegue ata as cas

See Full Page