Naufraga o pesqueiro galego Nuevo Salmón preto das illas dos Azores . Os seus 11 tripulantes foron rescatados, en bo estado, polo mercante CS Standard e trasladados en helicóptero ao arquipélago.
A embarcación afundiuse a 150 millas ao leste dos Azores , segundo informa Salvamento Marítimo.
Trátase dun buque con base no municipio pontevedrés da Guarda e construído no 1990, segundo detallan os datos do censo do Ministerio de Pesca.
A emerxencia foi coordinada polo Centro de Coordinación de Rescate (RCC) Ponta Delgada. O Centro Nacional de Coordinación de Salvamento (CNCS) recibiu a alerta da radiobaliza e o persoal estivo en contacto constante co centro portugués.