As autoridades portuguesas identificaron oito das 16 vítimas mortais do accidente do funicular da Glória, en Lisboa.
Entre elas figuran cinco cidadáns portugueses, dous surcoreanos e un suízo.
O resto continúa en proceso de identificación no Instituto Nacional de Medicinal Legal e Ciencias Forenses.
O sinistro deixou ademais 23 feridos, entre eles un neno de tres anos.
A Fiscalía confirmou que abriu unha investigación para determinar as causas do descarrilamento, ocorrida o mércores sobre as seis da tarde.
Dous feridos españois
Segundo Protección Civil, entre os feridos houbo dous españois, xa dados de alta, ademais de catro portugueses, dous alemáns, un coreano, un caboverdiano, un canadense, un italiano, un francés, un suízo e un marroquí.
O Ascensor da Glória, fundado en 1885, co