Oencontro Real Madrid Castela-Racing Ferrol, da segunda xornada da Primeira RFEF previsto para o pasado domingo, que foi aprazado a pedimento do club branco, quedou fixado por Rafael Alonso, xuíz único de competicións non profesionais da Federación Española de Fútbol, para o vindeiro mércores 17 (17.00 horas) .

O partido foi adiado ante a argumentación do filial madridista de que tiña o plantel (de 22 xogadores) reducida a menos de once (dez) por ter tres xogadores de baixa médica e nove convocados coas súas seleccións nacionais (incluídos Franco Mastantuono e Lorenzo Zúñiga Owono).

Rafael Alonso, estudada toda a documentación, decidiu estimar a petición do Real Madrid e dar a ambos os clubs un prazo de dous días hábiles para propoñer de mutuo acordo unha data para a disputa do

See Full Page