Galicia amplía a protección dos maiores e dos máis pequenos na nova campaña da gripe e da covid que arranca o 29 de setembro.
"Aumentamos ata os 11 anos a vacinación da gripe, tamén en maiores a partir de 60 anos, persoal sanitario e de centros sociosanitarios, e embarazadas", explica a directora de Saúde Pública, Carmen Durán.
Unha das grandes novidades serán as vacinacións nos centros educativos. Será a partir do 13 de outubro, a vacina estará a disposición para todos os escolares e persoal destes centros.
"Poñemos en marcha un programa piloto de vacinación escolar que permitirá vacinar nos centros", di o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.
Galicia é unha das comunidades coas taxas máis altas de vacinación. O ano pasado vacinaron o 71 por cento dos maiores de 65 e case o