O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación solicitou á Comisión Europea a activación da reserva de crise para dar resposta ás comunidades autónomas afectadas polos incendios, que este verán destruíron unhas 35.400 hectáreas de superficie agraria útil en España.
O ministro Luis Planas explicou este luns que o Goberno enviou a petición formal o pasado venres, tras o seu encontro en Copenhague co comisario europeo de Agricultura, Christophe Hansen, durante o consello informal de ministros da UE. Advertiu de que este mecanismo non se activa de inmediato, pero pediu que se faga “o antes posible”.
Precedente da dina en Valencia
Planas mostrou confianza en obter unha resposta rápida de Bruxelas e puxo como exemplo a xestión das axudas despois da dina de outubro de 2023 en Valencia, xa c