A Unión Ciclista Internacional (UCI) expresou "a súa total desaprobación e profunda preocupación polos acontecementos que marcaron a edición de 2025 da Volta Ciclista a España".
Condenou "de maneira firme a instrumentalización do deporte con fins políticos en xeral, e en particular por parte do goberno" e puxo en cuestión a capacidade de España "para acoller grandes eventos deportivos internacionais garantindo o seu bo desenvolvemento en condicións de seguridade".
A UCI mostrou a súa preocupación "pola abrupta interrupción da última etapa disputada onte en Madrid, consecuencia directa dunha serie de incidentes vinculados a manifestacións a favor de Palestina".
"Desde a chegada da carreira ao territorio español, a Volta viuse perturbada case a diario por accións de carácter militante