Teatro Colón CESAR QUIAN

16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai uns días, tiven o privilexio de asistir a un concerto de Capercaillie na Coruña. Un dos grupos máis emblemáticos do folk escocés, regresaba á para nos ofrecer os temas máis recoñecibles da súa extensa traxectoria. Nun Teatro Colón ateigado, a súa música, que mestura a tradición celta con sons modernos, encheu o ambiente de maxia. Mentres me deixaba levar pola música, púxenme a pensar no nome da banda. Capercaillie en gaélico escocés, lingua da maioría dos seus temas, significa «pita de monte» ou urogallo. Un nome que, para min, evoca unha lembranza moi persoal: a voz do meu avó falando destas aves e da súa presenza na Serra de San Mamede, no macizo central ourensán. Aquelas palabras do meu avó, cheas de nostalxia e r

See Full Page