Importante vitoria do Racing de Ferrol en Valdebebas ante o filial do Real Madrid
Os galegos marcaron no minuto oito, gol de Antón Escobar, pero o colexiado anulouno por fóra de xogo despois de revisar o VAR
No tempo de prolongación marcou Pascu. Golazo do atacante rematando no punto de penalti coa dereita un saque de esquina. Con ese tanto, o Racing marchaba ao intermedio por diante.
Álvaro Ramón entrou na segunda metade por Saúl, que recibira cartón amarelo. Tivo pouca historia este segundo tempo. A ocasión máis clara foi de Jairo Noriega que puido pechar o partido.
A seguinte cita será o derbi do Anxo Carro ante o Lugo,