DPA vía Europa Press | EUROPAPRESS
19 sep 2025 . Actualizado a las 17:45 h.
Un sonoro «en serio?» saíu de min provocándome desasosego. De verdade que o matrimonio Macron vai presentar probas científicas de que Brigitte é unha muller?, pensei esta vez. Claro que o meu afán xornalístico non me deixou parar, e púxenme a procurar os motivos polos que rula a teoría de que a première dame foi declarada premier monsieur ao nacer, ou peor, que esa que vemos é o seu irmán. É todo unha barbaridade de tal calibre que simpatizo de inmediato con ela, a última diana dos noxentos prexuízos sobre os resultados da testosterona dos que eles se vanaglorian pero que as mulleres non podemos nin cheirar, desde ese turbio asunto de comezar con Emmanuel sendo a súa profesora ata aquilo de zoscarlle ás po