Continúa activo o incendio forestal declarado este xoves na parroquia de Pombeiro, no concello de Pantón, que leva arrasadas máis de 700 hectáreas , segundo datos da Consellería do Medio Rural.

O lume atravesou o río Cabe e pasou ao municipio lindeiro de Sober, onde nas últimas horas tiveron que evacuar sete persoas na Barca e trinta en Rosende.

Segundo informa o 112, no concello de Pantón evacuaron dúas persoas máis e n Souto e continúan desocupados por precaución os núcleos de Cibrisqueiros, Fontán e Budián.

Medios de extinción no incendio do Bolo

Incendio do Bolo

Tamén continúa activo o incendio declarado este venres na parroquia de Vilaseco, no concello do Bolo, que xa queimou 200 hectáreas.

Reactivada a situación 2, con medidas de protección á cidadanía, man

See Full Page