Os expertos xa o recoñecen, a costa de setembro é máis dura que a de xaneiro. Vimos dos gastos do verán e, si ou si, as familias que teñen fillos han de enfrontarse aos inevitables gastos da volta ao cole.
Miguel López , secretario xeral de Unión de Consumidores de Galicia di que "xa hai tempo que a costa de setembro superou á de xaneiro porque os gastos da costa de xaneiro non son tan imprescindibles pero a se setembro trae consigo unha sorte de gastos que son obrigatorios e que ademais non `paran de medrar co anos".
Os datos anuais do gasto dos galegos, centrados principalmente nos gastos do curso escolar son, en palabras do secretario xeral de Unión de Consumidores de Galicia, de "entre os 950 e os 2.600 euros por neno e ano dependendo de sen van a colexio público ou concertado".
Par