Só, cortado, con leite, con xeo, cargado, americano, capuchino... ou incluso espresso macchiato. Hai cafés para todos. O consumo desta bebida volveu crecer en España o último ano, un 3,7 %. Segundo os datos que acaba de facer públicos a principal asociación do sector, tomamos 4,2 quilos de café por cabeza ao ano, o que sería equivalente a 562 cuncas.

"Eu tomo café dende neno", conta un cliente da cafetería do hotel Silken Axis de Vigo. "Diso que os nenos toman un chingo para probalo. É o que contan os meus pais". "É un pouco para recibir o xute de cafeína que necesitamos para cada día", explica un compañeiro de mesa.

O café natural é, con moito, o que máis se consome, sobre todo na hostalaría. E en canto aos formatos nos fogares están a gañar terreo as cápsulas , xa se usan nunha de c

See Full Page