Hai dous anos que Arquitectura sen Fronteiras empezou a traballar na Agra do Orzán, analizando as dinámicas dos seus habitantes e involucrando a estudantes, comercios e veciños e veciñas para facer do barrio un lugar mellor, máis acolledor onde todos se coñezan, colaboren, falen das súas necesidades, que se coiden e deixen que as coiden.

«Empezamos en setembro de 2023, agora estamos rematando a segunda fase e comezando a terceira. Arquitectura Sen Fronteiras traballa desde unha perspectiva multidisciplinar, é un proxecto educativo, traballamos cos colexios do barrio (María Barbeito e Raquel Camacho), co instituto da Agra, con entidades que traballan con migrantes, coa biblioteca do Ágora, con veciñas e veciños, tamén con comercios e imos da man do Mestrado de Política Social da Universid

See Full Page