A Xunta decidiu ampliar a declaración da prealerta por escaseza moderada de auga ao sistema do río Verdugo, ría de Vigo e ría de Baiona e ao de costa de Pontevedra , que se suman así aos sistemas do río Lérez, en Pontevedra, do río Grande, en Camariñas, e do río Anllóns, ata Arteixo.
De tal forma, a situación por prealerta afecta xa a 45 municipios galegos , nos cales se recomenda á poboación realizar un uso máis responsable posible da auga. Pídese evitar encher piscinas ou a rega con auga potable , entre outras medidas.
Ademais, no caso do subsistema de Baiona, pertencente á unidade territorial do Verdugo e do que se abastece a poboación deste municipio pontevedrés, tamén se acorda activar medidas equivalentes a un escenario de alerta -desde o pasado 7 de agosto presentaba indi