O Museo Provincial de Lugo acolle estes días a exposición " Toca madeira, alza o voo " , que reúne nas súas salas unha coidada selección de obras escultóricas da colección do Museo Tifológico de la ONCE . Na inauguración da mostra, que tivo lugar este martes pola tarde, participou a deputada de Cultura, Iria Castro , e a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago.
Trátase dunha decena de pezas de madeira , realizadas tanto por artistas con discapacidade visual grave como por outros que non a teñen, unidas por unha temática común: a capacidade de alzar o voo fronte ás adversidades.
Na inauguración, na que participaron persoas usuarias da ONCE en Lugo e de COGAMI , a deputada Iria Castro enmarcou a exposición “ no compromiso dos museos provinciais coa inclusión