Omedio maratón C21, unha das grandes citas do calendario deportivo anual da Coruña, volverá ás rúas da cidade o 1 de marzo de 2026. Así o adiantou hoxe o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, que lembrou que a proba aparellará, un ano máis, unha carreira complementaria de cinco quilómetros, a 5K . O Concello informará proximamente da data de apertura de inscricións no medio maratón coruñés do 2026. O prazo abrirá nas vindeiras semanas. Na última edición da C21, realizada o pasado mes de febreiro, participaron case 4.000 persoas sumando as cifras do medio maratón e a 5K. Nesta última, ademais, cun fito histórico: por primeira vez desde que se puxeron en marcha estas competicións, a participación feminina superou a masculina. “As carreiras populares teñen un potencial enorme en termos de

See Full Page