Denis Suárez volveu á casa. O canteirán do Celta participou nun acto da súa escola de fútbol en Salceda de Caselas. O xogador do Alavés atendeu á Televisión de Galicia e recoñeceu que este verán "houbo opcións de que volvese ao Celta pero non se puido dar por razóns que todo o mundo sabe".

O canteirán do Celta sinalou que está moi satisfeito da súa nova etapa no Alavés ás ordes do Chacho Coudet, un técnico "que xa coñezo e me ten en moi alta estima", asegurou.

Tamén se referíu Denis ao Celta: "non comezou de todo ben, é normal, cando xogas tres competicións son de moita esixencia" . Pero o de Salceda ten confianza en que "o equipo cambie de dinámica"

See Full Page