A Selección Española fixo os deberes ante Bulgaria gañando 4 - 0. Deste xeito, o conxunto dirixido por Luis de la Fuente iguala o récord de 29 partidos consecutivos sen perder que acadara a España de Vicente del Bosque.
España dominou o encontro dende o comezo sometendo a Bulgaria e tendo ocasións de gol moi claras como un tiro ao longueiro de Pedri. Foi no minuto 35 da primeira metade cando Mikel Merino, mediocampista con números de dianteiro coa camisola vermella, abriu a lata cunha cacholada.
Na segunda metade, xa con Borja Iglesias no campo, que completou 45 minutos, de novo Merino e de novo coa testa, aumentou a distancia no 57 a pase de Grimaldo. O terceiro dos españois chegou dende as botas do defensor búlgaro Chernev, que nun rexeite meteu o coiro na súa propia portería. Foi xa n