A conselleira do Medio Rural anunciou este xoves que a Xunta manterá a moratoria de eucaliptos, pero a limitación "flexibilizarase“ ”para “aumentar a produtividade.
“A moratoria continuará ata 2030, pero tentaremos flexibilizar esas plantacións”, dixo María José Gómez, e engadiu que “isto non significará un incremento total do eucalipto en Galicia”.
O anuncio fíxoo a conselleira acompañada polo secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica de Presidencia, Juan Carlos Reboredo; e polo director de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.
A prohibición de novas plantacións de eucalipto en Galicia entrou en vigor en xullo de 2021 mediante a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que prohibía as novas plantacións desta especie en terras agrarias e en terreo