O Club Básquet Coruña anuncia que, tras coñecer a sentenza de conformidade acordada ante a autoridade xudicial en relación con denuncias por violencia de xénero, acordou rescindir, de mutuo acordo co xogador, o contrato de Yoanki Mencía.

Esta decisión adóptase despois de que o xogador aceptase dita resolución xudicial, recoñecendo a súa responsabilidade en parte dos feitos denunciados, anteriores á súa fichaxe, extremos que o Club descoñecía no momento da súa contratación (30 de xuño).

Días despois da súa fichaxe, o Club tivo coñecemento das acusacións de que era obxecto o xogador a través dunha mensaxe anónima privada recibido nas redes sociais da entidade. Seguidamente o Club contactou co axente e o club de orixe do xogador. En ambos os casos recoñeceron estar informados da exis

See Full Page