Amorodio Teatro estrea ‘Brazaletes’, un monólogo protagonizado polo actor coruñés Javier Castiñeira, cofundador da compañía. A obra poderá verse en oito teatros da provincia de A Coruña nos próximos días, seguindo a liña do elenco dun «teatro comprometido» coas súas raíces

Como nace Amorodio teatro?

A compañía, de feito, fundámola catro compañeiros a finais de 2020 e principios de 2021 que fomos Carmen Facorro, Alba Nogueira, Raquel Velasco e máis eu. Era algo que xurdiu da nosa etapa de estudos en Vigo. Hoxe só quedamos Carmen e mais eu. O obxectivo principal era seguir traballando. Estabamos un pouco cansos de seguir facendo castings e depender deles para facer o que nos gustaba e queriamos montar a nosa propia compañía. Así que aventurámonos porque ao final queriamos ser donos dos nos

See Full Page