Ocadro Natureza morta con guitarra de Pablo Picasso, desaparecido desde o 3 de outubro e xa recuperado, nunca chegou a saír do edificio desde o que ía ser transportado a Granada para unha exposición.

Os transportistas esquecérono no portal, e unha veciña colleuno pensando que se trataba dun pedido.

Fontes próximas á investigación explicaron que o suposto roubo do pequeno cadro, asegurado en 600.000 euros, tivo en realidade unha orixe insólita. A obra ía formar parte da exposición Bodegón que o centro cultural CajaGranada tiña previsto inaugurar o 6 de outubro.

Unha empresa de transporte debía recoller a obra nun inmoble da avenida Pío XII de Madrid, xunto con outras pezas artísticas, para trasladalas a un almacén desde onde viaxarían a Granada.

Porén, o cadro quedou esquecido no po

See Full Page