O Río Breogán non puido co Barça e apañou unha derrota que non se definiu ata o últmo cuarto Os lucenses conseguiron remontar dúas veces un marcador desfavorable. Logo dun primeiro cuarto chegou de acerto do Barça, o Breogán deulle a volta ao partido no segundo tirando do tino de Francis Alonso desde o perímetro. Foi o máximo anotador dos de Casimiro con 17 puntos.

Tras o descanso, o Breogán contivo outro intento de fuxida do Barcelona. Pero xa non puido do terceiro. No último e deinitivo cuarto, os de Peñarroya xa non deron opción. Will Clyburn, con 21 puntos, foi o máximo anotador do partido. O Breogán queda cunha vitoria en catro partidos.

See Full Page