Olibro dunha vida do xornalista coruñés Arturo Lezcano , o libro que precisaba a diáspora galega para establecer o relato dunha epopeia moitas veces silenciada ou branqueada, viviu onte a súa presentación no Circo de Artesáns da Coruña . Co tamén xornalista Nacho Carretero como introductor e cunha hora e media de charla ante unha sala chea, atenta e entregada, O País Invisible xa ten menos segredos para moitos coruñeses. O acto foi tamén unha invitación para acudir ás librarías para poder ler esas 600 páxinas, nas edicións en galego e castelán, que prepararon o autor e a editorial Libros del KO.

A publicación leva o lector, a través de pequenas e grandes historias, a facer un percorrido país a país e cidade a cidade por toda América para atopar e sacar a luz a pegada da viaxe vital,

See Full Page