Na dina máis grave do último século en España morreron 237 persoas. Houbo milleiros de damnificados que perderon todo o que tiñan e tiveron que empezar de cero.

Nas tarefas de reconstrución participaron administracións centrais e autonómicas e o exército. E tamén os voluntarios que se centraron na limpeza das vilas destruídas e no apoio ás familias desfeitas.

A previsión alertaba de chuvia forte, pero nin a máis pesimista se achegaba sequera aos 600 litros por metro cadrado que caeron nalgunhas zonas. Choveu como ninguén lembraba, e nunha superficie considerable: desde a Horta Sur á cabeceira do río Magro. En Paiporta, cinco quilómetros ao sur de Valencia, desbordouse o barranco do Poio.

A riada levouno todo por diante: estradas, pontes, vivendas e vehículos. De súpeto, volver á casa do

See Full Page