Exolum, multinacional española dedicada ao transporte e almacenamento de combustibles, poñerá en funcionamento unha nova terminal en punta Langosteira entre 2029 e 2030 cun investimento de 100 millóns de euros . Así o explicaron este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o CEO de Exolum, Javier Goñi, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado.

A empresa anunciou en xullo a súa intención de pedir ao Porto coruñés ocupar 120.000 metros cadrados na dársena exterior, o que converterá o proxecto na maior concesión dos peiraos ata a data.

Esta terminal servirá para almacenar, mesturar e expedir líquidos no porto exterior de punta Lagosteira e que albergará desde hidrocarburos tradicionais a produtos ligados a enerxías verdes.

Goñi sinalou que este é un “pr

See Full Page