O Deportivo da Coruña clasificouse para a segunda rolda da Copa do Rei tras derrotar o Sámano, 1–5, nun choque onde fixeron valer a súa superioridade. Obxectivo cumprido para o Depor co acceso á segunda rolda e con pouco desgaste dos xogadores considerados coma titulares. Parreño, Mella, Villares, Soriano ou Yeremay non tiveron que participar, reservándoos Antonio Hidalgo para o partido de liga do próximo domingo en Zaragoza.

Os herculinos adiantaríase moi cedo no marcador ó rematar de cabeza Dani Barcia unha falta lateral botada por Luismi Cruz. O gol encaixado espolaría o cadro local que empataría mediante outra xogada a balón parado cunha cacholada de Ander Castillo. E cando semellaba que peor o pasaba o Depor, Cristian Herrera colocaba de novo por diante os seus aproveitándose dun des

See Full Page