O Breogán acadou a segunda vitoria da temporada, e fíxoo diante do Granada, rival directo ao que deixa aínda sen vitorias na última praza da táboa. Foi nun partido que se decidiu xa no primeiro cuarto. O Granada so foi por diante un par de veces no inicio. A partir de aí, o maior acerto dos lugueses fíxoos distanciarse no marcador. Destacaron os 38 puntos que anotaron os de Casimiro, nunha actuación coral incrible en que anotaron ata 10 xogadores. E deixaron ao Granada nuns paupérrimos 14 puntos.
No segundo cuarto melloraron algo os andaluces, que levaron o parcial deixando ao Breogán en 13. Aínda así, ao descanso chegábase cun 51-36 moi cómodo.
Na segunda metade o Breogán recuperou o rítmo, e volveu impoñerse noa dous parciais por 20-17 e 24-21, asegurando ese importante segundo triunfo

G24

Raw Story
Crooks and Liars
The Babylon Bee