En Zaragoza colidían dous equipos en mala dinámica de resultados, con 4 derrotas seguidas dos maños, e cinco encontros sen gañar os galegos. En calquera caso, as urxencias á beira do Ebro eran moito máis grandes.
O primeiro aviso deuno Yeremay, cun caracoleo marca da casa que so puido parar en falta a defensa local. Respondía o cadro aragonés cun gol anulado a Guti por un claro fóra de xogo, mentres Mella volvía poñer a proba a Adrián, que sacaba a córner. Despois tocoulle a quenda a Mario Soriano, ao que tamén lle sacaba o remate Adrián. E loureiro sumábase tamén ao ataque cun disparo desviado.
Contra a media hora chegaba a máis clara para o Zaragoza, cun balón ás costas da defensa que deixaba so a Toni Moya. O seu remate sacábao Germán Parreño. E, pouco despois, Valery anticipábase a M

G24

AlterNet
FOX News
The Daily Beast
The List
The Travel
RadarOnline
Atlanta Black Star Entertainment
CNBC Investing