As medidas de prevención adoptadas en corenta concellos galegos para protexer as explotacións avícolas ante o incremento da gripe aviaria entran en vigor este luns, 10 de novembro.

A partir desa data, aplicaranse nas denominadas Zonas de Especial Risco (ZER) e Zonas de Especial Vixilancia (ZEV) de Galicia, definidas na Orde APA/2442/2206 , do 27 de xullo, publicada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Segundo informa a Xunta, nestes territorios queda prohibida a cría de aves de curral ao aire libre. Só estará permitida en determinadas circunstancias, cando existan garantías da ausencia de contacto, directo ou indirecto a través da auga ou do alimento, destes animais con aves silvestres.

Tamén se prohibe a cría de patos e gansos e o emprego de aves anserif

See Full Page