Claudio Giráldez, adestrador do Celta, sinalou que dúas accións defensivas “moi corregibles” no segundo e terceiro gol do Barcelona condenaron ao seu equipo ante o conxunto azulgrana.
“Non podemos conceder o segundo nin o terceiro gol. Iso é ao que me refería con estar perfectos. Estivemos moi ben en bloque baixo en moitos momentos, pero non nos pode rematar Lewandowski entre dous centrais nosos e non nos poden facer unha última acción na que o balón se pasea por diante con malas axudas por fóra. Son dúas accións moi corregibles”, explicou.
O técnico celeste, con todo, destacou a reacción do seu equipo ao 0-1 porque “despois do 1-1 tivemos momentos moi bos nos que non acertamos , situacións para min moi vantaxosas con eles pasándoo mal, incómodos no campo e perdendo moitos balóns”.

G24

NBC Connecticut Entertainment
AlterNet
New York Post Video
Post Register
CNN Politics
US Magazine
The Federick News-Post
6abc Action News Entertainment
ABC11 WTVD Politics