A actriz Marta Doviro dá vida a Vicky TVG
A Televisión de Galicia emite a partir das 22.45 horas unha dobre entrega da serie de Voz Audiovisual 11 nov 2025 . Actualizado a las 11:06 h.
A TVG ofrece esta noite unha dobre entrega de O home perfecto , a serie que segue as vidas de Rebeca, de 35 anos, e Luísa, de 70, dúas mulleres de xeracións diferentes que buscan unha segunda oportunidade e, sen sabelo, caen baixo o engano do mesmo home.
Ás 22.45 horas, despois do novo programa de Roberto Vilar , Land Rober + Show , estrearase a sétima entrega, titulada Un futuro xuntos . Nela, Vicky non consegue deixar marchar á súa nai. O pranto, a culpa e a rabia están mesturados. Pensa que Leo (ou como se chame) non pode saír impune. Co apoio de Catuxa empeza a tirar do fío

La Voz de Galicia

The List
Raw Story