O Consello da Xunta acordou este martes reformar a Lei de saúde de Galicia para ampliar a protección dos profesionais sanitarios fronte a violencia e as agresións de "pacientes e familiares".

Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Galicia será a primeira comunidade que regule e contemple sancións por agredir a técnicos de emerxencias ou do 061.

Ademais a reforma tamén contempla novas formas de exercer a violencia sobre os profesionais da saúde, como é a violencia dixital.

Este proxecto de lei será remitido ao Parlamento de Galicia para a súa aprobación e entrada en vigor en 2026.

See Full Page