Non é o dianteiro máis elegante. Nin o máis fino. Nin o máis efectista. Pero si o máis efectivo. Titular en apenas sete partidos de trece, xogou pouco máis da metade dos minutos. E así e todo, Zakaria, apodado "o percebeiro" segue a pescar balóns e a botalos na rede.
Colidera, canda Villalibre, Jeremy Arévalo e Agus Medina, a listaxe de máximos goleadores de Segunda con sete dianas. Caso rechamente. O seu promedio abraia: un gol cada 89 minutos de xogo .
Aos seus sete tantos, Zakaria engade tres asistencias de gol. O ariete, chegado en xaneiro, estableceu ademais un vencello emocional moi particular coa bancada.
"É un sentimento natural, desde que cheguei tiven unha boa conexión coa afección"
Riazor é feliz con cada gol de Zakaria . E Zakaría cada vez que pon en pé Riazor.

G24

Cinema Blend
FOX 32 Chicago Politics