O Deportivo dá por superado o mal momento de outubro e afánase en volver sumar outros tres puntos a domicilio en Córdob a este domingo (18:30 horas na TVG). Faino coa satisfacción de recuperar a Samuele Mulattieri e poder contar, previsiblemente, con Yeremay e Gragera , recuperados das súas molestias dos últimos días.

"Córdoba é unha das saídas máis complicadas do ano", apuntou Antonio Hidalgo en Abegondo.

Antonio Hidalgo mete presión aos seus xogadores para manter a intensidade e adaptarse á proposta do conxunto branca e verde.

"É un equipo que vai cara adiante e te estresa moito. Ten uns inicios e uns finais de partido moi intensos, temos que combatelos e ter a nosa dose de balón para instalarnos en campo contrario", sinalou.

Hidalgo falou dun Córdoba que non perde desde o me

See Full Page