Oextremo sueco Williot Swedberg, de baixa desde o pasado 14 de outubro tras sufrir unha escordadura no nocello esquerdo durante un partido coa selección sub-21 do seu país, estará a disposición de Claudio Giráldez para o partido deste sábado contra o Deportivo Alavés.

En Mendizorroza, ademais, poderá reaparecer o lateral dereito Javi Rueda , xa recuperado da rotura de grao I que sufriu no recto anterior da coxa esquerda durante o encontro disputado o pasado 23 de outubro ante o Niza, correspondente á terceira xornada da liga Europa.

Cos que aínda non poderá contar o adestrador do Celta son co extremo Hugo Álvarez e o central Carlos Domínguez, que seguen exercitándose á marxe dos seus compañeiros por mor dunha escordadura de nocello.

See Full Page