Os catro internacionais do Celta que viaxaran coas súas respectivas seleccións -o serbio Mihailo Ristic, o romanés Ionut Radu, o sueco Carl Starfelt e o dianteiro español Borja Iglesias- traballaron este xoves ás ordes de Claudio Giráldez na cidade deportiva Afouteza.
Coa vista posta no choque do sábado contra o Deportivo Alavés, o técnico celeste traballou por primeira vez no que vai de semana con todos os integrantes do primeiro equipo dispoñibles para a visita a Mendizorrotza, onde podería reaparecer o dianteiro sueco Williot Swedberg. O atacante leva de baixa desde o pasado 14 de outubro, cando se lesionou xogando coa selección sub-21 durante a anterior xanela de seleccións.
Á marxe dos seus compañeiros seguen traballando o defensa central Carlos Domínguez e o extremo Hugo Álva

G24

The Hill
POPSUGAR
Ideastream
Crooks and Liars
CBS News
RadarOnline
Detroit Free Press
NBC News