Polo menos tres persoas faleceron este domingo vítimas dun golpe de mar nunha piscina natural na zona dos Gigantes, na costa sur de Tenerife. Segundo informan fontes do 112, as vítimas mortais poderían ser catro porque hai unha en paradoiro descoñecido.

Hai ademais unha persoa recuperada en parada cardiorrespiratoria que foi traslada en helicóptero ao Hospital da Candelaria e outras tres persoas quedaron feridas.

A Dirección Xeral de Emerxencias do Goberno de Canarias mantén activada nos últimos días a prealerta por fenómenos costeiros.

See Full Page