A Mesa do Congreso, coa maioría que forman PSOE e Sumar, aceptou este martes pola noite o escrito de desconformidade que presentou o Goberno contra unha emenda que o PP aprobou no Senado para baixar o IVE de carnes, peixes, conservas, leite e ovos e cuxa ratificación ía votarse este xoves no Pleno.

A medida introduciuse no marco da tramitación da Lei de Servizos de Atención á Clientela e rebaixaba entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de xuño o IVE para carnes, peixes e conservas ata o 4% e elimina ese imposto para o leite, queixos, ovos, froitas, verduras, hortalizas e legumes para o mesmo período de tempo.

O Goberno xa tentou vetar no Senado esta emenda que se introduciu á Lei de Servizos de Atención á Clientela, acolléndose ao poder que a Constitución lle concede para impedir a trami

See Full Page