CARMELA QUEIJEIRO

13 dic 2025 . Actualizado a las 23:44 h.

L eo que a poboación galega con orixe no estranxeiro aumentou un 32% dende o 2021. O dato fálanos dun país con roupa de estrea, en movemento aquí e agora: unha realidade que está nas nosas rúas, unha metamorfose perceptible alén da frialdade dos números, necesitada dunha observación á altura dese xiro demográfico que se acelerou nos últimos anos. A historia cambia. Habitamos nun lugar de acollida, con novas fulguracións. Un escenario con milleiros de biografías por escribir onde resoan os ecos doutros territorios aos que os galegos acudimos en épocas de necesidade. A nosa literatura, a pesar das limitacións, puido ocuparse da formidable diáspora dun país que procurou fortuna en América e Europa durante varias décadas: retratos

See Full Page