A xunta xeral extraordinaria de accionistas de Banco Sabadell aprobou este mércores a venda de TSB a Banco Santander por unanimidade entre os accionistas presentes na xunta, aínda que a porcentaxe depende dos votos emitidos de maneira telemática.
Estivo presente na xunta xeral o 74,8 % do capital social do Banco Sabadell, e fontes da entidade explicaron que é o quórum máis alto desde 2004.
Banco Sabadell e Banco Santander anunciaron o pasado 1 de xullo un acordo para a compravenda de TSB por un prezo inicial de 2.650 millóns de libras esterlinas (3.098 millóns de euros) .
A oferta presentada por Santander diríxese á totalidade das accións de TSB en mans de Sabadell e o prezo que finalmente reciba Sabadell pola súa filial británica axustarase polo valor xerado por TSB ata o peche da