Tiña a final da Supercopa de Europa perdida o París Saint Germain a dez minutos do final do partido pero a reacción dos de Luis Enrique permitiulles forzar unha quenda de penaltis na que lograron o primeiro título da temporada.

O Tottenham chegou ao descanso xa en vantaxe (0-1). Marcou o gol o neerlandés Micky Van de Ven no treito final na primeira parte. O defensa dos Spurs, convertido en lateral esquerdo, aproveitou o rexeite do longueiro para definir diante da meta defendida por Lucas Chevalier, substituto de Donnarumma na porta do PSG.

Ao pouco de principiar a segunda parte o Cuti Romero facía o segundo tanto e encamiñaba o título para o conxunto inglés nun erro de Chevalier. Luis Enrique buscou cos trocos de Fabián, Kang In Lee ou Gonçalo Ramos. Foi o coreano Kang In Lee o que recur

See Full Page