Os servizos de emerxencia procederon esta noite á evacuación de 27 veciños de Alvarellos , en Monterrei , e ordenaron o confinamento dos lugares de Mixós, Estevesiños, Vences e a Pousa , no mesmo concello ourensán.

Para eles habilitouse como alternativa o pavillón e Verín, que algúns empregaron para pasar a noite, mentres outros acudían a casas de familiares ou amigos.

Amais tamén se evacuaron 25 persoas con mobilidade reducida da residencia de Chandrexa de Queixa , que foron trasladadas a Ourense, e outras 47 foron evacuadas do centro de maiores da Mezquita , e acollidas no centro de Arnoia.

Nestes momentos os incendios activos na provincia de Ourense , que permanece en todo o seu territorio en situación 2 de emerxencia , superan as 20.000 hectáreas queimadas .

Segu

See Full Page